Menú principal

Libro de Familia T1 E01: Santalla non vén no mapa

Santalla non vén no mapa - Libro de Familia
4.93 (2322)
  • Título: Santalla non vén no mapa
  • Episodio N.º: 1
  • Temporada: Temporada 1
  • Serie: Libro de Familia
  • Fecha de Estreno:
  • Duración: 0 min

Sinopsis del episodio

Os labregos de Santalla, animados por Manuel Cabanas, deciden formar unha cooperativa para que o cacique, don Román, deixe de se-lo intermediario na venda de leite e conseguir así un prezo xusto. Pero as cousas non se presentan fáciles para Manuel, que non dubidará en loitar por defende-lo seu.

O boticario Telmo, logo de que Laura, a muller do cacique, rompera a relación que mantiñan en secreto, vende a casa onde se vían as agachadas. A decisión do boticario xera todo tipo de comentarios e moita curiosidade pola identidade do comprador.


O misterioso comprador é Freire, un emigrante que pasou máis de trinta anos en Venezuela. O regreso de Freire alporiza a don Román, co que ten contas pendentes do pasado. O cacique xura non parar ata ver a Freire de novo lonxe de Santalla.

María, a filla de Manuel Cabanas, quere ser mestra e Laura ofrécese a darlle clases gratuitas na súa casa, levándolle a contraria ó seu home e a Marcos, o fillo de ambos.

Mentres, Pablo, o fillo de Manuel, e a súa amiga, Rosamari, descubren que Santalla non aparece nos mapas e deciden solucionalo á súa maneira.

Más episodios de la Temporada 1

Escena del episodio 2 de la temporada 1 de Libro de Familia Episodio 2

T1 E2: Unha tele en Santalla

  • Fecha estreno:
  • Valoración: 4,7/10
  • Duración:

Os labregos, con Manuel Cabanas ó fronte, conseguen forma-la cooperativa, pero don Román déixaos sen transporte. Freire, que se adica ó contrabando de tabaco, ve no transporte de leite un xeito de protexe-la súa actividade sen levantar sospeitas. Os ...

Subir