Libro de Familia T1 E02: Unha tele en Santalla
- Título: Unha tele en Santalla
- Episodio N.º: 2
- Temporada: Temporada 1
- Serie: Libro de Familia
- Fecha de Estreno: 20 de febrero de 2005
- Duración: 0 min
Sinopsis del episodio
Os labregos, con Manuel Cabanas ó fronte, conseguen forma-la cooperativa, pero don Román déixaos sen transporte. Freire, que se adica ó contrabando de tabaco, ve no transporte de leite un xeito de protexe-la súa actividade sen levantar sospeitas.
Os nenos fan corre-la nova de que Freire mercou unha tele e a este non lle queda máis remedio que convidar a todo Santalla a ver un partido. A todos menos a Elías, o taxista, co que tivo varias discusións. Pero á tele non lle chega o sinal e o único que o pode solucionar é Elías.
En Santalla empezan a pensar que entre Elías e Marisiña, a criada dos Cabanas, está xurdindo o amor, pero Marisiña négase a recoñecelo.
Telmo decide marchar de Santalla, aínda que non tarda en decatarse do mal que estaría Laura se quedase soa con don Román.
Marcos segue facéndolle a vida imposible a María aproveitando que estudia na súa casa.
Pablo e Rosamari conseguiran cartos vendéndolle á xente a nova da tele de Freire, pero finalmente as cousas non van sair como esperaban...
Más episodios de la Temporada 1
Episodio 1
T1 E1: Santalla non vén no mapa
- Fecha estreno:
- Valoración: 4,7/10
- Duración: —
Os labregos de Santalla, animados por Manuel Cabanas, deciden formar unha cooperativa para que o cacique, don Román, deixe de se-lo intermediario na venda de leite e conseguir así un prezo xusto. Pero as cousas non se presentan fá...